https://padlet.com/edlgasangrinha/os-venres-coci-amos-en-galego-47f9fn6guweri4y0
MATERIAL PARA TRABALLAR O VOCABULARIO DE PEPIÑO:
Por outra banda, deixamos tamén á vosa disposición material interactivo e descargable nas seguintes ligazóns:
Aquí podedes atopar a biografía, recursos tanto en papel coma en liña, fotos e a obra da escritora.
Por outro lado, da man da Real Academia Galega, tamén podemos obter información, actividades, xogos e vídeos sobre Luísa Villalta.
O EDLG
Dende o equipo de EDLG queremos aportar o noso gran de area divulgando o noso entroido.
Cal é a palabra correcta para denominar esta festa tradicional?
Se viaxades por distintos lugares de Galicia atoparedes distintas formas de celebrar o Entroido. No cole levamos xa uns anos celebrándoo coa figura do MECO e enchéndonos de fariña. Sabedes de onde veñen estas tradicións?
QUEN FOI O MECO?
Se queres saber máis sobre o MECO, pinchade AQUÍ
O DOMINGO FARELEIRO
Se queres saber máis sobre o domingo fareleiro, pinchade AQUÍ
MATERIAL PARA TRABALLAR O ENTROIDO:
Tedes máis información e actividades no blogue da nosa compañeira Mari Álvarez: pinchade AQUÍ
ALGÚN PROPÓSITO DE ANINOVO?
Xa chegan estas datas que a cativada tanto leva agardando. Nesta entrada do blog queremos compartir con vós material e recursos en galego para poder traballar tanto nas casas coma no cole.
E por suposto, a figura do APALPADOR será a protagonista desta entrada. Coñecédelo?
Aquí temos un vídeo para coñecelo un pouco mellor da man de Anxo Moure:
A canción do Apalpador!
Aquí tedes este material co que ensamblar o voso propio Apalpador:
Por outro lado, deixamos estes recursos para que desfrutedes xogando e aprendendo máis sobre o Nadal:
Ademais queremos compartir con vós esta lista de panxoliñas que podedes atopar en Spotify creada pola nosa compañeira Toa Rodríguez: PANXOLIÑAS
E por último, deixámosvos un catálogo realizado pola Mesa pola Normalización Lingüística. Inclúe diferentes propostas de agasallos co obxectivo de dar ideas para estas festas, así como promover un consumo responsable que aposte pola calidade, a proximidade e a lingua galega.
Novembro foi un mes cheo de celebracións e conmemoracións e quixemos pechalo cun contacontos da Xanela do Maxín: LÚA QUERE VIAXAR A MARTE.
Toda a primaria foi testemuña de como Lúa, unha gatiña que quería ser astronauta, puido acadar os seus obxectivos a pesar de que todo o seu entorno se empeñaba en que non o conseguiría. Rimos, aplaudimos e aprendemos moito deste carismático personaxe.
Con esta actividade quixemos por o broche final a varias conmemoracións: o mes da ciencia na biblioteca escolar e o 25 N, por suposto, na nosa lingua.
Esta actividade non sería posible sen a organización e colaboración de distintos equipos do cole: CPInclúe, a Biblioteca Escolar e o Equipo de Dinamización Lingüística.
Agardamos que a rapazada gozara tanto do contacontos coma nós!
O pasado luns 18 de maio no CEIP A Sangriña celebramos o Día das Letras Galegas cunha serie de actividades nas que as diferentes clases tra...