miércoles, 13 de diciembre de 2023

CHEGA O NADAL

 Xa chegan estas datas que a cativada tanto leva agardando. Nesta entrada do blog queremos compartir con vós material e recursos en galego para poder traballar tanto nas casas coma no cole.

E por suposto, a figura do APALPADOR será a protagonista desta entrada. Coñecédelo? 

Aquí temos un vídeo para coñecelo un pouco mellor da man de Anxo Moure:


A canción do Apalpador!


Aquí tedes este material co que ensamblar o voso propio Apalpador:



Por outro lado, deixamos estes recursos para que desfrutedes xogando e aprendendo máis sobre o Nadal:


PASAPALABRA DE NADAL

MEMORY NADAL

COMECOCOS DO NADAL


Ademais queremos compartir con vós esta lista de panxoliñas que podedes atopar en Spotify creada pola nosa compañeira Toa Rodríguez: PANXOLIÑAS


E por último, deixámosvos un catálogo realizado pola Mesa pola Normalización Lingüística. Inclúe
 diferentes propostas de agasallos co obxectivo de dar ideas para estas festas, así como promover un consumo responsable que aposte pola calidade, a proximidade e a lingua galega.


Agardamos que vos gusten e que gocedes das festas.


BO NADAL!

LUÍSA VILLALTA

Este ano a homenaxeada no día das letras galegas é a escritora, filósofa e violinista, Luísa Villalta. Para celebrar este día, o alumnado do...