miércoles, 31 de enero de 2024

XA CHEGA O ENTROIDO!

Dende o equipo de EDLG queremos aportar o noso gran de area divulgando o noso entroido. 

Cal é a palabra correcta para denominar esta festa tradicional?

VÍDEO: PALABRA ENTROIDO

Se viaxades por distintos lugares de Galicia atoparedes distintas formas de celebrar o Entroido. No cole levamos xa uns anos celebrándoo coa figura do MECO e enchéndonos de fariña. Sabedes de onde veñen estas tradicións?

QUEN FOI O MECO?


Meco en Xinzo de Limia

Se queres saber máis sobre o MECO, pinchade AQUÍ


O DOMINGO FARELEIRO

Domingo Fareleiro en Xinzo de Limia

Se queres saber máis sobre o domingo fareleiro, pinchade AQUÍ


MATERIAL PARA TRABALLAR O ENTROIDO:

PASAPALABRA DO ENTROIDO

CUESTIONARIO DO ENTROIDO

UD DO ENTROIDO

UD ENTROIDO, ANTONIO FRAGUAS

Tedes máis información e actividades no blogue da nosa compañeira Mari Álvarez: pinchade AQUÍ



viernes, 12 de enero de 2024

OS VENRES EN GALEGO

ALGÚN PROPÓSITO DE ANINOVO?

Nós temos o noso: falar máis galego e contaxialo por toda a comunidade educativa.

Para iso decidimos que os venres sexan en galego. Ese día todo o alumnado e profesorado debe empregar a nosa lingua para comunicarse no patio, horas de ler, cambios de clase e incluso nas clases nas que sexa posible.

Animámosvos  a participar nesta iniciativa tanto dende o centro coma dende a casa e que desta maneira, pouco a pouco, deixe de ser unha actividade so dos venres. Os motivos non son poucos:






Comezamos hoxe mesmo, o venres 12 de xaneiro!


Deica a próxima!







LUÍSA VILLALTA

Este ano a homenaxeada no día das letras galegas é a escritora, filósofa e violinista, Luísa Villalta. Para celebrar este día, o alumnado do...