jueves, 30 de noviembre de 2023

LÚA QUERE VIAXAR A MARTE

 Novembro foi un mes cheo de celebracións e conmemoracións e quixemos pechalo cun contacontos da Xanela do Maxín: LÚA QUERE VIAXAR A MARTE.


Toda a primaria foi testemuña de como Lúa, unha gatiña que quería ser astronauta, puido acadar os seus obxectivos a pesar de que todo o seu entorno se empeñaba en que non o conseguiría. Rimos, aplaudimos e aprendemos moito deste carismático personaxe.



Con esta actividade quixemos por o broche final a varias conmemoracións: o mes da ciencia na biblioteca escolar e o 25 N,  por suposto, na nosa lingua.

Esta actividade non sería posible sen a organización e colaboración de distintos equipos do cole: CPInclúe, a Biblioteca Escolar e o Equipo de Dinamización  Lingüística.

Agardamos que a rapazada gozara tanto do contacontos coma nós!

Ata pronto!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

EU VEN VIR ESTAR O MOUCHO - ROSALÍA DE CASTRO

Os pequenos e pequenas de 6º de educación infantil cantaron e representaron mediante xestos o poema " Eu vin estar o moucho " de R...