O pasado luns 18 de maio no CEIP A Sangriña celebramos o Día das Letras Galegas cunha serie de actividades nas que as diferentes clases traballaron a figura de Begoña Caamaño organizándose en parellas ou tríos. Estes foron os equipos formados con cadanseu resultado:
3 anos/4°B e 6°: deseñaron un mural xigante sobre a obra Circe e o pracer do azul.
4 anos e 1°: colorearon estas láminas coa portada do mesmo libro mesturando o estilo artístico de Hervé Tullet e Gustav Klimt.
3°A/5°A: O alumnado de terceiro preparou unha obra de teatro sobre a vida de Begoña que presentou ante o alumnado de quinto e despois xuntáronse para elaborar un knolling, unhas caixas que recollen o mellor desta representación teatral en forma de obxectos.
3°B/4°B: Elaboraron unha serie de actividades recollidas neste código QR.
5 anos/5°B: reuniron no seu traballo o mellor do proxecto anual de centro (a pintura) e o máis salientable da vida de Begoña Caamaño nunha grilanda que decora o Recunchiño de Pepiño.
Tamén fixemos unha actividade de comprensión lectora aproveitando os carteis de Begoña Caamaño.
.jpeg)





