miércoles, 11 de junio de 2025

REMATAMOS O CURSO!

Remata o curso e con el Os Venres en Galego.

Non queremos despedir o curso sen antes agradecer a todo o alumnado e profesorado a colaboración nestes venres tan especiais. Colaborouse suxeitando as pancartas no primeiro momento da mañá e repartindo as palabriñas que Pepiño lle facía chegar a todas as aulas. 
Este ano inspirámonos no PDI, ENTRE OLAS E TIXOLAS, para ir un pasiño máis alá todos os venres e reforzar o noso vocabulario de cociña.

O resultado foi este PADLET con todas as achegas das diferentes aulas, unha marabilla! 


Hecho con Padlet



Despois de todo o traballado o alumando mereceu ser agasallado cuns lapis e marcapáxinas.




E xa para rematar, deixámosvos o acceso á web do centro onde podedes ver unha recompilación das fotos que lle fomos facendo cada venres ao alumnado.

WEB DO CENTRO



Unha aperta e feliz verán!



Día das Letras Galegas 2026 - BEGOÑA CAAMAÑO

O pasado luns 18 de maio no CEIP A Sangriña celebramos o Día das Letras Galegas cunha serie de actividades nas que as diferentes clases tra...