Remata o curso e con el Os Venres en Galego.
Non queremos despedir o curso sen antes agradecer a todo o alumnado e profesorado a colaboración nestes venres tan especiais. Colaborouse suxeitando as pancartas no primeiro momento da mañá e repartindo as palabriñas que Pepiño lle facía chegar a todas as aulas.
Este ano inspirámonos no PDI, ENTRE OLAS E TIXOLAS, para ir un pasiño máis alá todos os venres e reforzar o noso vocabulario de cociña.
O resultado foi este PADLET con todas as achegas das diferentes aulas, unha marabilla!
Despois de todo o traballado o alumando mereceu ser agasallado cuns lapis e marcapáxinas.
E xa para rematar, deixámosvos o acceso á web do centro onde podedes ver unha recompilación das fotos que lle fomos facendo cada venres ao alumnado.
Unha aperta e feliz verán!
No hay comentarios:
Publicar un comentario