3°A/5°A: O alumnado de terceiro preparou unha obra de teatro sobre a vida de Begoña que presentou ante o alumnado de quinto e despois xuntáronse para elaborar un knolling, unhas caixas que recollen o mellor desta representación teatral en forma de obxectos.
viernes, 29 de mayo de 2026
Día das Letras Galegas 2026 - BEGOÑA CAAMAÑO
3°A/5°A: O alumnado de terceiro preparou unha obra de teatro sobre a vida de Begoña que presentou ante o alumnado de quinto e despois xuntáronse para elaborar un knolling, unhas caixas que recollen o mellor desta representación teatral en forma de obxectos.
martes, 19 de mayo de 2026
A nosa arte - Tamara Baz
Hai uns días a ilustradora e muralista guardesa, Tamara Baz, fíxonos unha visita, contounos moitas cousas interesantes sobre a súa obra e agasallounos cunhas postais para cada alumno e alumna e unha lámina orixinal da súa autoría para sortear. Encantounos a presentación!
Hoxe fixemos o sorteo e o agraciado coa lámina foi Liam Leis Matos de 3°B.
Parabéns, Liam e moitas grazas Tamara! 😊
jueves, 19 de marzo de 2026
EU VEN VIR ESTAR O MOUCHO - ROSALÍA DE CASTRO
Os pequenos e pequenas de 6º de educación infantil cantaron e representaron mediante xestos o poema "Eu vin estar o moucho" de Rosalía de Castro, interpretado polo grupo musical Migallas.
Vaia artistas, non si? 😄
miércoles, 4 de marzo de 2026
Día de Rosalía 2026
Ola familias!
A pasada semana celebramos o Día de Rosalía de Castro . As titorías decoraron as siluetas desta escritora senlleira e desde as casas chegáronnos unha morea de fotos para decorar a entrada.
Se aínda non a mandastes, tedes ata o vindeiro venres. Queda mou pouquiño para rematar este mural. Animádevos! 👏
domingo, 1 de febrero de 2026
Día da Paz 2026
Ola, familias!
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP A Sangriña celebrou este ano o Día da Paz coa elaboración duns "comecocos pacíficos" para os máis cativos e un "Pasapalabra da Paz" para os maiores. Aquí volos deixamos cun desexo: que todos os días sexan o Día da Paz.
miércoles, 21 de enero de 2026
Día de Rosalía 2026
Ola, familias!
O 23 de febreiro celebraremos no cole o Día de Rosalía e xa estamos dándolle voltas a unha morea de actividades, pero este curso precisamos da vosa axuda.
Queremos decorar a nosa entrada cun mural cheo de imaxes nas que vós, nenos e nenas, sexades os/as protagonistas.
Debedes traer unha foto (pode ser impresa en papel normal, máximo medio folio) na que saiades vós e algún elemento que nos lembre a Rosalía de Castro: un libro escrito por ela, a placa dunha rúa que leve o seu nome, un poema ou un debuxo dela, unha escultura da poetisa, o que se vos ocorra... Podedes incluso utilizar a intelixencia artificial.
Nós, os/as profes, xa estamos preparando a nosa foto porque o prazo remata o venres 20 de febreiro, así que, bulide! Podedes entregarllas ás vosas titoras ou deixalas en secretaría.
Graciñas! 😊
viernes, 19 de diciembre de 2025
Día das Letras Galegas 2026 - BEGOÑA CAAMAÑO
O pasado luns 18 de maio no CEIP A Sangriña celebramos o Día das Letras Galegas cunha serie de actividades nas que as diferentes clases tra...
-
Ola, familias! O 23 de febreiro celebraremos no cole o Día de Rosalía e xa estamos dándolle voltas a unha morea de actividades, pero este...
-
Os pequenos e pequenas de 6º de educación infantil cantaron e representaron mediante xestos o poema " Eu vin estar o moucho " de R...
-
Ola, familias! Pasado o Samaín, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) quere facer un pequeno resumo de todo o traballo que fixemo...








_page-0001.jpg)



