viernes, 29 de mayo de 2026

Día das Letras Galegas 2026 - BEGOÑA CAAMAÑO

O pasado luns 18 de maio no CEIP A Sangriña celebramos o Día das Letras Galegas cunha serie de actividades nas que as diferentes clases traballaron a figura de Begoña Caamaño organizándose en parellas ou tríos. Estes foron os equipos formados con cadanseu resultado:

3 anos/4°B e 6°: deseñaron un mural xigante sobre a obra Circe e o pracer do azul.



4 anos e 1°: colorearon estas láminas coa portada do mesmo libro mesturando o estilo artístico de Hervé Tullet e Gustav Klimt


2°A/2°B: ilustraron este poema dedicado á escritora.


3°A/5°A: O alumnado de terceiro preparou unha obra de teatro sobre a vida de Begoña que presentou ante o alumnado de quinto e despois xuntáronse para elaborar un knolling, unhas caixas que recollen o mellor desta representación teatral en forma de obxectos.



3°B/4°B: Elaboraron unha serie de actividades recollidas neste código QR.


5 anos/5°B: reuniron no seu traballo o mellor do proxecto anual de centro (a pintura) e o máis salientable da vida de Begoña Caamaño nunha grilanda que decora o Recunchiño de Pepiño.


Tamén fixemos unha actividade de comprensión lectora aproveitando os carteis de Begoña Caamaño.







 
                   💙FELÍZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!💙






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Día das Letras Galegas 2026 - BEGOÑA CAAMAÑO

O pasado luns 18 de maio no CEIP A Sangriña celebramos o Día das Letras Galegas cunha serie de actividades nas que as diferentes clases tra...