miércoles, 4 de marzo de 2026

Día de Rosalía 2026

Ola familias!

A pasada semana celebramos o Día de Rosalía de Castro . As titorías decoraron as siluetas desta escritora senlleira e desde as casas chegáronnos unha morea de fotos para decorar a entrada. 

Se aínda non a mandastes, tedes ata o vindeiro venres. Queda mou pouquiño para rematar este mural. Animádevos! 👏



domingo, 1 de febrero de 2026

Día da Paz 2026

Ola, familias! 

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP A Sangriña celebrou este ano o Día da Paz coa elaboración duns "comecocos pacíficos" para os máis cativos e un "Pasapalabra da Paz" para os maiores. Aquí volos deixamos cun desexo: que todos os días sexan o Día da Paz
















miércoles, 21 de enero de 2026

Día de Rosalía 2026

Ola, familias! 

O 23 de febreiro celebraremos no cole o Día de Rosalía e xa estamos dándolle voltas a unha morea de actividades, pero este curso precisamos da vosa axuda. 

Queremos decorar a nosa entrada cun mural cheo de imaxes nas que vós, nenos e nenas, sexades os/as protagonistas.

Debedes traer unha foto (pode ser impresa en papel normal, máximo medio folio) na que saiades vós e algún elemento que nos lembre a Rosalía de Castro: un libro escrito por ela, a placa dunha rúa que leve o seu nome, un poema ou un debuxo dela, unha escultura da poetisa, o que se vos ocorra... Podedes incluso utilizar a intelixencia artificial.

Nós, os/as profes, xa estamos preparando a nosa foto porque o prazo remata o venres 20 de febreiro, así que, bulide! Podedes entregarllas ás vosas titoras ou deixalas en secretaría.

Graciñas! 😊



viernes, 19 de diciembre de 2025

lunes, 17 de noviembre de 2025

PODCAST: CAPÍTULO 1 "O DESFILE DAS ÁNIMAS"

Ola familias,

Unha parte do alumnado do cole está gravando, coa axuda da profe Linda, este podcast arrepiante. Hoxe ofrecemos o primeiro capítulo pero haberá máis.

Desexamos que vos guste! 👻

domingo, 9 de noviembre de 2025

SAMAÍN 2025

Ola, familias!

Pasado o Samaín, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) quere facer un pequeno resumo de todo o traballo que fixemos e fixestes estes días. 

Agradecervos, en primeiro lugar, a vosa colaboración na decoración do centro, participando no Monstrarte


Ou coa aportación de cabazas decoradas: 


Contarvos tamén que os mestres e mestras pasámolo xenial convertendo o salón de actos nun arrepiante Túnel do Terror



E aquí tedes o resultado:


O alumnado de e trouxo unhas sobremesas ben saborosas. Tanto, tanto que non quedaron nin as migallas!



E o alumnado de 3ºA debutou este curso cunha pequena obra de teatro titulada A pasarela das ánimas. Podedes ver a representación teatral facendo click na seguinte imaxe:


De seguro que non será a última!

Para o ano, máis e mellor!












miércoles, 11 de junio de 2025

REMATAMOS O CURSO!

Remata o curso e con el Os Venres en Galego.

Non queremos despedir o curso sen antes agradecer a todo o alumnado e profesorado a colaboración nestes venres tan especiais. Colaborouse suxeitando as pancartas no primeiro momento da mañá e repartindo as palabriñas que Pepiño lle facía chegar a todas as aulas. 
Este ano inspirámonos no PDI, ENTRE OLAS E TIXOLAS, para ir un pasiño máis alá todos os venres e reforzar o noso vocabulario de cociña.

O resultado foi este PADLET con todas as achegas das diferentes aulas, unha marabilla! 


Hecho con Padlet



Despois de todo o traballado o alumando mereceu ser agasallado cuns lapis e marcapáxinas.




E xa para rematar, deixámosvos o acceso á web do centro onde podedes ver unha recompilación das fotos que lle fomos facendo cada venres ao alumnado.

WEB DO CENTRO



Unha aperta e feliz verán!



Día de Rosalía 2026

Ola familias! A pasada semana celebramos o Día de Rosalía de Castro  . As titorías decoraron as siluetas desta escritora senlleira e desde ...