Ola, familias!
O 23 de febreiro celebraremos no cole o Día de Rosalía e xa estamos dándolle voltas a unha morea de actividades, pero este curso precisamos da vosa axuda.
Queremos decorar a nosa entrada cun mural cheo de imaxes nas que vós, nenos e nenas, sexades os/as protagonistas.
Debedes traer unha foto (pode ser impresa en papel normal, máximo medio folio) na que saiades vós e algún elemento que nos lembre a Rosalía de Castro: un libro escrito por ela, a placa dunha rúa que leve o seu nome, un poema ou un debuxo dela, unha escultura da poetisa, o que se vos ocorra... Podedes incluso utilizar a intelixencia artificial.
Nós, os/as profes, xa estamos preparando a nosa foto porque o prazo remata o venres 20 de febreiro, así que, bulide! Podedes entregarllas ás vosas titoras ou deixalas en secretaría.
Graciñas! 😊
