Este 17 de maio homenaxeamos a Cantareiras Galegas. As protagonistas son:
Adolfina e Rosa Casás, de Cerceda; Eva Castiñeira, de Muxía; e Manuela Lema, Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda e mais Teresa García Prieto, as catro integrantes das Pandeireteiras de Mens (Malpica de Bergantiños).
Este ano a música será a protagonista. O noso alumnado cantará a súa propia cantiga para compartila con todas e todos nós.
Polo momento deixámosvos cantigas das homenaxeadas e outros exemplos máis actuais. Tamén podedes acceder a material para traballar nas aulas ou nas casas.
As Cantareiras e a Poesía Popular Oral
Muiñeira de Cerceda de Adolfina e Rosa Casás
Hoxe temos a grupos de música como Fillas de Cassandra, Tanxugueiras ou De Ninghures que siguen recuperando cantigas e facendo cancións novas que manteñen o legado Cultural de moitas mulleres coma as homenaxeadas.
De Ninghures, En fin que máis da.
Fillas de Cassandra, Tataravoa
Tanxugueiras, Aire
RECURSOS: